Servizos veterinarios

No noso centro, especializámonos na atención de cans e gatos, sendo conscientes das necesidades específicas destas mascotas e proporcionándolles unha atención personalizada e adaptada a cada un deles.

Contamos con un equipo de veterinarios altamente cualificados e apaixonados polos animais, que traballan con dedicación e profesionalismo para garantir o mellor coidado posible.

Así traballamos

Medicina interna

Contamos con 2 consultas separadas para cans e gatos. Para nós a medicina preventiva é moi importante, así que un dos pilares do noso traballo é a identificación e vacinación das vosas mascotas. Tamén diagnósticamos e tratamos as enfermidades que poidan ter.

Laboratorio propio

Moitas veces a rapidez no diagnóstico pode ser vital por iso contamos cun laboratorio propio no cal realizamos: analíticas sanguíneas, test rápidos de enfermidades, análises coprolóxicos para detectar parasitoses e estudos microscópicos.

Radiografía e ecografía

Contamos cun moderno equipo de Raios X dixital directo isto axúdanos a obter imaxes de gran calidade que facilitan o diagnóstico. Tamén xestionamos a acreditación de AVEPA para valoración de displasia de codo/cadera.

Contar cun ecógrafo na clínica é moi útil para solucionar urxencias e mellorar o diagnóstico.

Cirurxía

Contamos cun moderno quirófano, todas as operacións son realizadas monitorizando o animal o cal nos permite detectar e solventar os problemas que poidan aparecer durante a ciruxía. Así a nosa máquina de anestesia dispón dun ventilador intelixente capaz de ventilar animais dende medio quilo ata os 100KG . Empregamos só sevofluorano, un gas anestésico que aumenta a rapidez da recuperación. Ademais contamos cun bisturí bipolar avanzado que nos permite ligar vasos de ata 7 mm en dous segundos o cal mellora os tempos cirúrxicos e reduce os sangrados.

Tenda especializada

Na nosa tenda asesorámosvos en nutrición, coidados e complementos. Traballamos con varias marcas apostando moito polo produto de calidade e proximidade. Comida, xoguetes, complementos de estética: temos case todo o que poidades precisar para os vosos amigos de catro patas.

Perruquería

Un día a semana contamos coa colaboración de Alejandro Peluquería Canina, un perruqueiro de mascotas con máis de 20 anos de experiencia e que ademais de deixar os canciños preciosos consegue facerse amigo deles e que veñan contentos. Hai animais que odian bañarse, pero Alejandro ten un Don.

Agardámoste no Centro

Coidamos con paixón e afecto aos teus fieis compañeiros para asegurar o seu benestar e alegría en cada etapa da súa vida. Brindámoslles unha atención especializada que garanta unha saúde duradeira.