Sobre nós

Veterinarios en Ferrol

Comprometidos co benestar e a saúde

O Centro Veterinario Esteiro, situado no Barrio de Esteiro en Ferrol, abriu as súas portas en Marzo de 2021 co obxectivo de ser un referente como clínica veterinaria moderna e de confianza. Estamos comprometidos co benestar e a saúde dos animais.

No noso centro, especializámonos na atención de cans e gatos, sendo conscientes das necesidades específicas destas mascotas e proporcionándolles unha atención personalizada e adaptada.

Contamos con un equipo de veterinarios altamente cualificados e apaixonados polos animais.

Imagen del Centro Veterinario Esteiro

Así traballamos

Na Clínica Veterinaria Esteiro, a medicina preventiva é un dos nosos principais enfoques. Valoramos a importancia da identificación e vacinación das mascotas para previr enfermidades e asegurar unha vida saudable. Ofrecemos unha ampla gama de servizos en diferentes áreas da medicina veterinaria, incluíndo medicina interna, cardioloxía, oftalmoloxía, reprodución, radioloxía, ecografía, endoscopia, odontoloxía e cirurxía.

Contamos cun laboratorio propio equipado para realizar análises sanguíneas, test rápidos, análises coprolóxicos e estudos microscópicos coa máxima precisión e rapidez. Tamén temos un equipo de radiografía dixital avanzado e un ecógrafo para facilitar o diagnóstico e tratamento dos nosos pacientes.

Realizamos cirurxías monitorizadas nun moderno quirófano, empregando unha máquina de anestesia avanzada e un bisturí bipolar para asegurar a seguridade e reducir os sangrados durante as intervencións.

Na nosa tenda especializada, ofrecemos unha ampla variedade de produtos de calidade para o coidado das mascotas, incluíndo nutrición adecuada, xoguetes interactivos e complementos de estética.

Ademais, colaboramos con Alejandro Peluquería Canina un día á semana. Alejandro é un perruqueiro con máis de 20 anos de experiencia que se especializa no coidado estético de mascotas.

Imagen del Centro Veterinario Esteiro

O noso equipo

Imagen de Felipe Vázquez

Felipe Vázquez

Felipe naceu en Redondela e aprendeu andar en Aranga. Aos catro anos veuse para Ferrol e xa por aquí quedou.

Licenciado en Veterinaria pola USC no 2015, estudou tamén na Universidade de Évora en Portugal.

Dende o 2015 ven traballando por diferentes sitios do País, sobre todo facendo clínica de cans e gatos que é o que máis lle gusta.

Socio de AVEPA, realiza formación continuada e intenta dar o mellor de si nun traballo tan complicado como bonito como é a veterinaria clínica de pequenos animais.

Imagen del Centro Veterinario Esteiro

Roberto Vázquez

Roberto naceu en Ferrol. 

Licenciouse en Veterinaria pola USC no 2015, con estancias internacionais en Lisboa e Cork. 

Está colexiado no Royal College of Veterinary Surgeons de Reino Unido e no Veterinary Council of Ireland, xa que estivo traballando dous anos en Irlanda. 

Agora volta a súa cidade natal coa ilusión de traballar neste proxecto.

Imagen del Centro Veterinario Esteiro

Cristina Fernández Casanova

Cristina naceu en Ferrol.

Traballa como auxiliar de veterinaria mentres remata os seus estudios de Veterinaria na USC.

Agardámoste no Centro

Coidamos con paixón e afecto aos teus fieis compañeiros para asegurar o seu benestar e alegría en cada etapa da súa vida. Brindámoslles unha atención especializada que garanta unha saúde duradeira.